Un grupo de viaxeiros acusa a Renfe de deixalos "tirados" en Santiago: "Tocabamos no tren e non nos abrían"

"Non era aínda a hora, faltarían uns minutos. Cando baixabamos polas escaleiras aínda estaba coas portas abertas", explica un dos viaxeiros afectados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2024

Un grupo dun cinco viaxeiros denunciou quedarse "tirado" este martes na estación de Santiago de Compostela, ante o tren que debía levalos desde a capital de Galicia ata A Coruña.

Segundo relataron a Europa Press, o tren procedente de Vigo-Urzáiz e con saída da estación de Santiago ás 18,28 horas, permanecía estacionado na plataforma número catro cando eles chegaron. "Non era aínda a hora, faltarían uns minutos. Cando baixabamos polas escaleiras aínda estaba coas portas abertas", explica un dos viaxeiros afectados.

As portas, como é habitual, pecháronse uns minutos antes da hora de saída programada do tren. O "indignante", apuntan, é que estando eles na propia plataforma, presionando os botóns de apertura, non se lles permitiu o paso.

"Entón empezamos correr pola plataforma, probando en diferentes portas e tocando nas xanelas por se algún pasaxeiro nos vaí e podía avisar ao interventor. Pero tampouco resultou", relata unha moza.

"É alucinante que o tivemos diante, parado, varios minutos, tentando subirnos e non o conseguimos. Cando aínda estabamos en hora. Non entendo nada", declara, visiblemente enfadado, outro dos viaxeiros.

Reclamarán, avanzan. Tamén dúas viaxeiras co bono de viaxes gratuíto. "Agora teño billete para un tren no que non me puiden subir. Ao non estar dentro, se pasa o interventor a comprobar, verá que non estou e sancionarame. E tampouco podo sacar praza para o seguinte á Coruña desde a app porque rexistra que vou no anterior e que é uso fraudulento. É que é incrible", critica.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

ADOP

O que me extraña é que un tren Vigo -Coruña estuvera antes da hora en Santiago, é raro o día que non leven retraso


Varias persoas fan cola na estación de REnfe en Santiago de Compostela / César Argina - Europa Press / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.